01/07/13

Agravase a situación de J.A. Vilasó Pardavila, preso galego enfermo e en aillamento no CP Mansilla de las Mulas (León)


J.A. Vilasó Pardavila, que continua en réxime de illamento encubrido no cárcere de Mansilla de las Mulas a pesar das numerosas protestas que provocou a súa situación, é vítima de numerosas represalias, entre elas a supresión do translado en ambulancia nas saídas ao hospital, o cal repercute negativamente no seu estado de saúde, xa moi grave.

Vilasó Pardavila, que, despois de ser recluído na chamada Zona Cero da enfermería en represalia por dar un par de bicos a unha coñecida con que topou no cárcere, emprendera unha folga de fame a pesar da grave enfermidade que padece (VIH e cancro linfático) en defensa dos seus dereitos tivo de abandonar a protesta e aceptar recibir medicación debido ás dores insoportabeis que sofre.

Mentres, a dirección do centro, indiferente ao sufrimento do preso e ás numerosas mostras de protesta que diversos colectivos dirixiron aos responsables de tan grave situación, aplica unhas severas medidas punitivas coas que endurece as xa de forma extrema dificiles circunstancias en que se encontra o Sr. Vilasó.

Entre elas, a imposición de numerosas sancións e a decisión de suprimirlle o translado en ambulancia nas saídas ao hospital, o que lle que provocou, entre outras cousas, danos no catéter que instalou na clavícula como resultado dos golpes contra o vehículo a causa das freadas e bandazos da furgoneta e da caída no interior doutros internos cos que compartía a viaxe.

Segundo diversas fontes, os propios servizos médicos da prisión denunciaron no seu día xunto de Institucións Penitenciarias e o xuíz de vixilancia penitenciaria a abertura desta chamada "zona cero" dentro da enfermeria.

Noticias anteriores deste caso en Abordaxe
 
Extraido de Abordaxe Revista.
Recollemose traducimos de Boletín Tokata

Ningún comentario:

Publicar un comentario