06/11/13

[A Guarda] Sábado 16 - Xornada Pro-Presxs no C.S. Fuscalho

Escribimos dende A Guarda, no Baixo Miño, pra informar dunha xornada de solidariedade coxs presxs en luita este 16 de Novembro.

Cociñaremos un rico xantar vegano. Durante o xantar comentaremos algunhas das últimas novas dalgunhas das persoas que se atopan agora mesmo luitando en prisión, as últimas mortes e "suicidios", e torturas e maltrato de toda clase, tentando chamar á reflexión das rapazas e rapaces que nos acompañen, desmitificando a cadea coma un lugar do que todo o mundo pode saír, un hostal de baixa categoría no que todxs comen gratis, coma moitxs creen.

Despois da comida, ás 17.00 horas, proxectaremos "Rejas, Suspiros y Llaves", un documental abolicionista penal, que nos fala dende un punto de vista estatista e social. É posible a abolición das prisións sen a abolición do estado? será o posible debate que se abrirá ao rematar a proxección.

Ás 19.00 horas, haberá unha palestra por parte de compañeiras da campaña Cárcere = Tortura, na que nos falarán da historia e transcurso da campaña, situación actual dentro e fora das cadeas, etc.

Ao rematar a charla teremos un concerto de "O homem com cara de cam", cantautor anarquista.


Durante toda a xornada, haberá petiscos veganos.

Os cartos recadados irán destinado ao apoio a presxs.

"Os mecanismos cos que o estado nos reprime son innumerables, pero o cárcere representa a ferramenta máis dura coa que o sistema nos castiga.
Existen moitas formas de tortura: que a poboación carceraria supere as 75.000 persoas, das cales a maioría se encontran en situación de marxinalidade e pobreza, é tortura estrutural; a dispersión, o illamento, o abandono sanitario e a restrición das comunicacións evidencian a tortura psicolóxica; malleiras, violacións, medicación forzosa, nus integrais e engrilletamentos son tortura física.
O cárcere non só xera tortura, senón que é tortura en si mesma, creada para manter a orde social e as súas desigualdades, polo que non haberá reforma ou medida institucional que cambie esta situación.

Dende Outubro de 2011, varias persoas presas comezaron unha loita contra a tortura e o maltrato físico e psicolóxico que xera o encerro e nas prisións e a súa existencia. A realidade das prisións segue fustrigando hoxe en día as persoas presas.

¡SOLIDARIEDADE CXS NOSXS COMPAÑEIRXS PRESXS!"
Abaixo os muros das prisións!
Abaixo a sociedade-cárcere!
Un bico e moita saúde para todas!
Vémonos en A Guarda, se vos apetece!
extraido de Abordaxe Revista

Ningún comentario:

Publicar un comentario